A concesión da xestión do SAF, unha vez máis, vencida e sen sacar a nova licitación.

- O contrato e a prórroga venceron xa a principios de ano, sen que o goberno local sacará unha nova licitación.
- 80 familias en perigo de quedar sen servizo.
Pasan os anos e o señor Castro non aprende dos seus erros. Durante o ano 2022 vivimos unha situación dramática, con varias familias afectadas durante meses pola parálise municipal e do señor Castro, que se “esqueceu” de sacar a licitación o contrato do SAF , deixando esgotar todas as prórrogas e provocando que se paralizara a alta no servizo a familias que o tiñan legalmente aprobado e polo tanto, deixándoas sen o acceso a un servizo moi necesario que nalgún caso costa anos conseguir.
O problema resolveuse despois de que dende Somos Ribadumia fixeramos pública a situación en setembro dese ano cunha licitación feita a todo correr. Pois ben, dous anos e medio despois estamos case no mesmo punto. O contrato do SAF, licitado con duración de un ano e prorrogable outro ano máis xa venceu en xaneiro, de tal xeito que agora mesmo estamos no período de prorroga obrigatoria, cunha duración de seis meses dos cales tres xa pasaron, e a nova licitación nin sequera pasou a fase inicial de levar as bases da licitación a Pleno, e iso que neste 2025 xa levamos realizados dous plenos.
Dende Somos Ribadumia desexamos amosar a nosa preocupación pola posibilidade de que chegado o verán o servizo volva quedar conxelado, e as familias volvan a quedar abandonadas pola desidia do goberno do señor Castro. Ademais, unha vez venza a prorroga extraordinaria actual, a empresa podería deixar de dar o servizo as 80 familias que actualmente teñen horas de SAF en uso. Unha situación que xa aconteceu con outro servizo, a da escola infantil,cuxa empresa concesionaria deixou de dar servizo, obrigando ao Concello a facerse cargo, estando dende entón xestionada da polo Concello.
Por iso pedimos ao señor Castro que se deixe de tanta foto mirando como traballan outros e se poña a el a facer algo e que saque a concurso á maior brevidade posible a xestión do SAF, ou que a asuma dende o Concello, para o caso de que teñan esa capacidade de xestión que dende o noso punto de vista e vendo como está funcionando no resto, parecenos evidente que non
Deixamos un recordatorio de cando en setembro de 2022 en Pleno, dende o noso partido poñíamos de relevancia a situación naquel momento, logo de meses co servizo concelado e sen poder dar altas novas a persoas que tiñan horas concedidas, deixando varias familias abandonadas.
