Pedimos que se solucionen os problemas da EDAR de Barrantes.

  • Temos constancia de que a Estación Depuradora de Augas Residuais de Barrantes leva semanas emitindo cheiros, que afectan a veciños de Cambados e Ribadumia, e as persoas que pasan pola senda fluvial.
  • O goberno local, a o tanto da situación dende o primeiro momento, declarou ter realizado xestións, preguntámonos cales, pois de momento o problema persiste.
  • Pedimos a intervención de Augas de Galicia.

   A situación de cheiros na contorna da Estación Depuradora de Augas Residuais de Barrantes, que se ven mantendo dende fai semanas e afectan a un radio de mais de 300 metros da mesma, o cal inclue vivendas de ambos lados do río Umia e gran parte da senda entre Barrantes e Cabanelas, chegou a un punto inaceptable. Dende Somos Ribadumia eramos conscientes de que se estaban producindo estes cheiros, pero tiñamos constancia de que xa varias persoas da contorna se habían posto en contacto co Concello. Tamén somos coñecedores de que o goberno de David Castro informou a esas persoas de que xa se habían feito as xestións pertinentes para resolver este problema. Pero semanas despois, os cheiros seguen presentes.

   Chegados a este punto, e logo de neste tempo darlle un voto de confianza ao goberno local e á propia adxudicataria da xestión da EDAR, non nos queda mais remedio que tomar cartas no asunto. Esta mesma maña mandamos un escrito a Augas de Galicia solicitándolle , como explica Oubiña “que interveña e se ocupe de que se poña solución inmediata a un problemas que salta a vista que está relacionado coa xestión da depuradora, e tamén que mellore as medidas de control dos diferentes parámetros ambientais e de calidade do aire, para minimizar estes problemas”.

Que fixo o goberno de David Castro?

  Para Oubiña “eu tiven que tratar coa adxudicataria da EDAR na lexislatura pasada e enfrontar varios problemas similares, e algún de gravidade, como un verquido no verán do 2018, sempre con bo trato e colaboración por ambas partes, e moita dilixencia e axilidade por parte da adxudicataria. Por iso que non entendo que se dende o concello se fixeron as xestións correctas, este problema persista, e nin sequera se teña comunicado, no caso de ser algo grave e que coste tempo resolver”. Por ese motivo está mañá presentamos tamén un escrito dirixido á alcaldía solicitando copias dos escritos dirixidos as entidades con responsabilidades neste asunto así como das xestións realizadas, porque non tería ningunha gracia que o primeiro escrito presentado ante Augas de Galicia fora o enviado onte polo goberno de Cambados, e o segundo o noso desta mañá, cando David Castro leva meses dicindo que xa se está ocupando el do problema. De ser así sería lamentable, máis aínda porque recordamos que non fai nin quince días David andaba co delegado da Xunta facéndose fotos ao lado do bombeo de Cabanelas moi preocupado segundo el polo medio ambiente.”

   En calquera caso agardamos que este problema se solucione á maior brevidade posible. Os cheiros, que supoñen un tipo de contaminación medioambiental non so afectan á veciñanza que vive na contorna e persoas que pasan pola senda fluvial, turistas e pregrinos incluídos, tamén afectan á  contorna natural, e non debemos esquecer que esta EDAR encontrase e verque no último tramo do Rio Umia, a escasos metros do limite de protección medioambiental do Complexo Intermareal Umia-Ogrove, a zona húmida máis importante de Galicia, protexida por varias figuras administrativas e cun valor ambiental incalculable.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s