Lamentamos que o goberno de Feijóo non queira vacinar ás agrupacións de Protección Civil como a de Ribadumia.

  • Entendemos que a labor do persoal voluntario de  Protección Civil dende o inicio da pandemia sitúaos como un grupo de risco do mesmo nivel que o persoal profesionalizado dos GES.

    A Fegamp comunicou esta mañá aos concellos que vai a colaborar coa Consellería de Sanidade na organización do proceso de vacinación por COVID 19, en concreto do persoal da policía local, do corpo de bombeiros que dan servizos municipais,  do persoal dos GES e de persoal profesionalizado de Protección Civil. Isto significa que de momento as agrupacións de voluntarios de Protección Civil como a de Ribadumia non van ser vacinadas, algo co que non podemos estar de acordo.

As persoas que forman estas agrupacións, e en concreto as que forman a Agrupación de Protección Civil de Ribadumia, dende o inicio desta pandemia puxeron, ademais dun xeito totalmente altruista,  a súa saúde e a das súas familias en risco e non fixeron máis que axudar durante todos estes meses, co reparto de máscaras, de alimentos, desinfección, colaboración en operativos de seguridade e moito máis. Unha función que seguen desenvolvendo e que os puxo nunha situación de risco ao ter contacto, aínda que fora con todas as medidas de seguridade, con persoas contaxiadas da covid-19, o co seu entorno.

   Entendemos a necesidade de ter unha estratexia de vacinación rigorosa e que estableza prioridades, pero non podemos compartir que non se lle dea a estas persoas a mesma significancia que aos seus compañeiros profesionalizados. Entendemos que a función que realizan é similar e que deben ser vacinados na mesma quenda. Por ese motivo pedimos da Xunta de Galicia que reconsidere a súa liña de actuación neste aspecto.

  Dende Somos Ribadumia aproveitamos para agradecer a labor que a agrupación de Protección Civil de Ribadumia está realizando, e gracias a cal se axudou e se segue axudando a moitas veciñas e veciños do noso concello.

                                                 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s