Novas medidas para facilitar o pago das taxas municipais.

  plan de pagos 2 O goberno municipal do que Somos Ribadumia forma parte está facendo chegar nestes días a todas as casas do municipio un díptico informativo  sobre o Plan de pagos personalizado creado para darlles facilidades aos veciños á hora de cumprir coas súas obrigas tributarias.

As solicitudes do Plan de pagos personalizados poderá facerse entre o 1 e o 31 de xaneiro e a adhesión a el é voluntaria.

Dito plan, tal como se explica no diptico, permite unificar recibos municipais de vehículos, lixo, IBI urbana e rústica así como ó IAE nun solo recibo e fraccionar  o seu pago  entre 2 e  6 cotas, e ademais este fraccionamento está  exento de intereses. Así pois, as persoas que se adhiran a este plan realizaran os pagos entre os meses de marzo e outubro, vía cargo bancario, un xeito  máis comodo que aforra desprazamentos e molestias.

  plan de pagos 1No folleto informativo, ademais de explicar o procedemento para acollerse a este plan, os prazos, etc,   inclúese tamén  o calendario fiscal para o 2019, coas datas de cobro de cada un dos recibos, unha información que ás persoas que non queiran adherirse o plan de pagos tamén pode resultarlle de utilidade.

   Quen o prefira, ou precise calquera aclaración, pode dirixirse á oficina de recadación municipal, aberta na casa consistorial a raíz da remunicipalización do cobro de impostos, unha medida que ademais de xerar  un importante aforro con respecto a xestión externa, permite unha atención moito páis cercana as nosas veciñas e vecños.

   Para Enrique Oubiña “Dende o goberno municipal podíamos aportar melloras á  xestión dos impostos municipais, facilitando os trámites e as formulas de pago para que resultara o menos lesiva posible, e ademais evitando sobrecargar de recibos o último trimestre do ano, que é cando as familias xeralmente fan fronte a maiores cargas económicas,  polo  inicio do curso escolar e o Nadal. Podiamos facelo e fixemolo, o cal demostra que os gobernos municipais, a pesares das nosas limitacións e do que algúns políticos con máis ansias de poder que de traballar digan, inda temos marxe para axudar ás  familias .”

Deixar un comentario