Gonzalo Durán debe ser expulsado da presidencia da Mancomunidade do Salnés

 Logo de seguir atentamente todo o acontecido nos últimos días, a raíz de que Gonzalo Durán usara unhas formas claramente misóxinas, machistas inadmisibles e totalmente inxustificables  nun cargo público, para atacar á presidenta da Deputación de Pontevedra nunha rolda de prensa, declaracións nas que posteriormente se ratificou, queremos facer unha serie de consideracións.

  A primeira é a nosa repulsa ante os continuados excesos verbais de Gonzalo Durán. Anque cruzou varias liñas vermellas nas súas declaracións da semana pasada, a realidade é que o alcalde de Vilanova leva anos usando unhas formas carentes de todo respecto cara o resto de cargos públicos, elixidos  polos mesmos mecanismos democráticos que o manteñen a el na cadeira da alcaldía vilanovesa. Estas malas  formas son permitidas polo partido ó que representa, un Partido Popular que non solo non tomou o longo destes anos ningunha medida disciplinaria contra el , se non que ademais non ten problema en alentar esa falta de respecto e educación cando lle resulta de interese.

   Por ese motivo consideramos que o Partido Popular ten que dunha vez dar a cara, explicar a súa posición   e tomar decisións ante unha situación que xa é totalmente insostible. Debe explicar se as declaracións de Gonzalo Duran onde literalmente afirmou “Yo soy partido y el partido piensa como yo” foron correctas e efectivamente recollen o sentir dese partido político. Se, como queremos pensar, non é así, reclamamos do partido Popular que tome medidas exemplares para cortar de raíz este tipo de comportamentos. Medidas exemplares e contundentes que pasan por apartar a Gonzalo Durán dos seus cargos políticos.

Por outra banda, dende Somos Ribadumia entendemos que unha persoa con ese corte moral non pode ostentar cargos de representación pública, polo que debe dimitir de inmediato, tanto como alcalde de Vilanova de Arousa, como do seu cargo como Presidente da Mancomunidade, cargo que ostenta actualmente en funcións.  Neste senso, e ante a resistencia  de Gonzalo Duran a deixar os seus cargos,  consideramos que o Pleno da Mancomunidade debe tomar cartas no asunto, expulsando da presidencia ó señor Durán e aprobando unha nova presidencia para un órgano que non debemos esquecer que  representa ante moitas outras institucións de moitos ámbitos aos concellos da comarca.

Onde está agora a señora Peña?

 descargaDende Somos Ribadumia botamos en falta a posición pública de Salomé Peña, voceira do seu partido neste concello, e representante do Partido Popular de Ribadumia na Mancomunidade do Salnés, ademais de muller.  O longo desta lexislatura a señora Peña tentou en varias ocasións de acusar de machismo o noso voceiro Enrique Oubiña, intentos que foron superados pola realidade dun concelleiro que ten sobradamente demostrado o seu apoio a loita do feminismo en todos os ámbitos, incluído por suposto o político, onde as medidas tomadas dende as súas áreas  fan que Ribadumia sexa o referente da loita pola  igualdade no Salnés. Por ese motivo pedimos  á  señora Peña, que tanto leva presumido de feminista, mostre a súa repulsa pública ás declaracións do seu compañeiro Gonzalo Durán. Tamén nos gustaría coñecer cal vai ser a súa postura ante unha posible moción de censura no pleno da mancomunidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s