Presentadas obras de mellora no polígono.
O Concello de Ribadumia xunto co Concello de Cambados presentaron onte un proxecto conxunto para acometer melloras no polígono industrial que alcanza os 180.000,00 €, finaciado en gran medida pola Xunta de Galicia.
Na presentación estiveron autoridades do Concello de Cambados, o Presidente da Asociación de Empresarios, e polo Concello de Ribadumia asistiron o alcalde, a concelleira de contas e promoción económica e o concelleiro de urbanismo Enrique Oubiña. Tamén contamos coa presenza do delegado provincial da Xunta D. José M. Cores Tourís e do Xefe Territorial de economia, emprego e Industria D. Ignacio Rial Santomé.
O proxecto servirá, pola banda de Ribadumia, para adecentar unha zona de aparcadoiro e mellorar a sinalización viaria en parte do polígono. Este tipo de obras axudan a mellorar a cara do polígono industrial.