Piscina: sen solución no curto prazo.

  • Seis meses despois do colapso, o goberno non ten nin un só informe do que pasou.
  • O seguro botouse fóra por impago dos recibos. E debe haber dimisións.
  • David Castro taxa o cambio da piscina en 150.000€ pero despois fai un proxecto de máis de 500.000€, sen cartos para realizalo e cun prazo de ano e medio.
  • O alcalde oculta un acordo  coa Pousada para usar a piscina desa instalación, e ocúltao por ser unha proposta das nais e  dalgunha das entidades que recollemos dende  Somos Ribadumia.
  • Sergio Soutelo rematou expulsado sen motivo e con toda a oposición abandonando o Pleno.

   Indo á cuestión principal do Pleno, desde pasado xoves, confirmouse que David Castro  cinco meses despois do colapso da piscina non ten nin dea de  como vai resolver o problema creado, non tanto pola situación creada como pola súa inacción durante estes meses.

Pero de inicio o que temos despois de forzar un Pleno para tratar de conseguir aclaracións sobre o que pasou para que a piscina colapsara e explicacións de  como se vai cubrir o servizo este verán, é que esta tempada non haberá piscina e que o goberno tantea solucións de bombeiro pero a catro días  de comezar os campus de verán non teñen unha solución alternativa.

  Centrándonos  na documentación aportada, podemos confirmar varias cuestións, todas validadas por un avogado e por diversos documentos formais.

 Por un lado, dende o 26 de xaneiro que o goberno detectou o colapso do vaso maior da piscina, non houbo visita formal do alcalde á instalación ata o 6 de maio.

Por otra banda, a día de hoxe, e isto confirmouno e reiterouno a voceira do PP, non hai ningún informe técnico que aclare qué pasou coa piscina. Tal é asi, que logo da visita técnica realizada o 6 de maio, que tamén contou coa presencia do avogado, non se elaborou ningún informe, e de Feito o propio avogado confirma que desa visita “se inició el estudio de un posible informe técnico pericial “. Tal como expuxo Sergio Soutelo “ou sexa que a estas alturas aínda ten o goberno que decidir se fai ou non FAI o informe pericial”.

Cómpre remarcar que un informe de danos e de custes de reparación , ese que o goberno non sabe se facer ou non facer, foi o que estivo reclamando o perito do Consorcio de Seguros dende febreiro ata maio que deu o proceso por pechado , tal como figura na ducia e media de conversas de correo aportadas no expediente para o Pleno.

 Os seguros sen pagar.

En relación con anterior temos unha situación moi grave que nos levou a pedir a dimisión inmediata do Alcalde e da Concelleira de contas. Por que resultou que o Consorcio de Seguros, a quen acudiu o goberno para cubrir os danos da piscina, se botou fora porque o seguro, no momento da incidencia, estaba sen pagar.

Isto para nós é completamente inaceptable. “Na cabeza de quen colle ter os seguros sen pagar?. E non so o da piscina. A póliza incluía a boa parte das instalacións municipais, todas elas en xaneiro, co inverno que tivemos, sen cubrir por impago”.

  Esta situación non afectou unicamente á cuestión da piscina. Tamén ás instalacións e bens do club náutico quedaron sen cobertura. Agora o alcalde defenderse dicindo que é o seguro o que non quere pagar e que vai tocar defenderse no xulgado. “Ou sexa, que primeiro non paga e despois gasta cartos da veciñanza en xulgados para intentar darlle  a volta a situación que él mesmo creou. E mentres tanto, a veciñanza sen piscina e o club sen material ou tendo que afrontar o pago do seu peto”.

As posibles solucións.

No debate, Soutelo puxo enriba da mesa, a pesar do silencio e do intento de ocultación  do señor Castro, as solucións que se están barallando.

Por un lado o cambio da piscina que con informe pericial ou sen el,  é evidente que debe producirse. Pero a sorpresa foi que despois de taxar o cambio de piscina en 150.000 € (Pleno de maio) , o goberno en menos dun mes mandou redactar un proxecto que eleva esta cantidade ata superar o medio millón de euros, unha cifra para nós desorbitada, e que non se xustifica, salvo polas ansias faraónicas dun alcalde en campaña electoral. E ademais o proxecto foi redactado dende un despacho, sen facer medicións sobre o terreo, polo que o propio documento advirte  se cifra aínda podería subir en función das condicións físicas  do lugar .

Oerocon independencia do custe dese proxecto, para o cal as día de hoxe o goberno non ten fondos, están os prazos de execución.  O proxecto ten un prazo de un ano, co cal tendo hoxe os cartos enriba da mesa, entre licitacións e prazos de execución a Bora podería alongarse ano e medio. Isto implica que posiblemente non  teñamos piscina ata o ano 2028. Para nós resulta inaceptable porque, se se fixeran as cousas ben e sobre todo en tempo e forma, sería posible ter piscina este verán, pero con este alcalde imos tardar como mínimo ano e medio”.

O trato coa Pousada.

 Con respecto ás alternativas para solventar este verán, o goberno non quixo confirmar nada, pero deixou claro que para o público xeral a solución pasa por, e isto é literal, “ usar a praia fluvial existente xa en Cabanelas”, e para os campus están vendo posibilidades. O certo, e así o puxo de relevancia Soutelo e foi confirmado coa boca pequena pola voceira popular, é que hai avanzado un acordo coa xerencia da Pousada de Ribadumia para o uso da piscina desa instalación. Esa posiblidade foi proposta por nais , país e por algunha das entidades que organizan campus ao saber que non ían ter dispoñible s piscina, e Sergio recolleuna e puxoa enriba da mesa como unha posible solución temporal, sempre obviamente nunhas condicións razoables.  O goberno recolleu cable ao expor Sergio a nosa posición favorable, pero as conversas coa Pousada están confirmadas e os campus e as escola de verán  comezan  luns

Dende Somos Ribadumia xa deixamos claro que calquera solución chega tarde, pois os clubs que organizan campus xa buscaron alternativas e a veciñanza xa renunciou á piscina, pero en todo caso de haber solución debe facerse pública xa.

E para rematar, Soutelo propuxo por unha banda que se aumente as axudas ás entidades que organizan campus para compensar o custe de dispor de alternativas ao uso da piscina, e rebaixas na taxa  da escola de verán se non se dá unha alternativa viable e se recorta as calidade do servizo, e no dado dalgunha alternativa que o custe desta non repercuta nin nos usuarios nin na veciñanz

E por suposto, dimisións. Porque o feito de que a veciñanza non vai ter piscina este verán deriva da inacción política máis que do propio incidente, e se única solución pasa por sacar do camiño as persoas responsables.

Expulsión de Soutelo e abandono de toda a  oposición do Pleno.

En outro orde de cousas. debemos lamentar a inaceptable actitude  de David Castro no Pleno do xoves. O colofón foi a inxustificada expulsión de Sergio Soutelo na parte final do Pleno, que rematou con toda a oposición abandonado a sesión plenaria. Pero queremos remarcar que esa expulsión foi o colofón á actitude do señor Castro durante todo o Pleno, que se dedicou, cun comportamento chulesco e infantil, a cortarlle o micrófono e a palabra  aos membros da oposición de maneira reiterada sen máis motivo que o que se estaba dicindo ao señor alcalde non lle gustaba.  Dende a nosa formación queremos agradecer publicamente o apoio amosado polos socialistas que ante as expulsión de Sergio, optaron por abandonar tamén as sesión, deixando así patente que se actitude de David Castro é completamente inaceptable..

Deixar un comentario