David Castro pechou 2023 con preto de 1 Millón de euros en facturas sen pagar e con débedas con máis de 130 empresas locais e comarcais.

  • O Remanente reduciuse á metade en só dous anos.
  • A débeda coa mancomunidade era en novembro de 2024 de case 191.000€.
  • En 2023 a Festa do Tinto supero ou 200.000€, e a Concelleira admite gastos en B na organización da Festa.

A David Castro  logrou o seu obxectivo de que Sergio Soutelo non estivera no debate da Conta Xeral do ano 2023. Gracias a iso e a que outras forzas de oposición seguen estratexias distintas, que non afondan nos números do Concello, a Concelleira de Contas puido permitirse mentir e ocultar a realidade da xestión do goberno local.

   Porén, a realidade da xestión do goberno local está nos papeis, e en Somos Ribadumia tomámonos moi en serio a xestión económica do Concello, por iso analizamos os documentos contables en detalle.

Sobre a Conta xeral imos deixar unhas notas importantes que dan unha visión máis completa de cal era a realidade económica do Concello de Ribadumia a 31 de decembro de 2023.

   Hai que empezar recordando que no 2023 non houbo orzamento, e que o alcalde con maioría absoluta quixo ocultar así a súa xestión en ano electoral.

  Aos 4.293.795,18 € que tiña pois prorrogados, ou sexa repetidos, do ano anterior, hai que sumar 777.087,13 €  que colleu do remanente ao longo do ano, elevando o orzamento final de gastos ata  superar os 5 Millóns de Euros.

Un dato que a Concelleira deu falsamente foi o do resultado contable do ano. Si deu superávit, ou sexa resultado positivo, pero non foi de 1,1 Millóns de Euros como dixo. O resultado do ano foi de  65.369,36 €, a cifra máis baixa dun peche económico anual dende que o señor Castro é alcalde.

En realidade, tal e como figura no documento contable, o goberno do señor Castro, moveu 7 Millóns de euros no 2023. Entre o ano 2022 e o 2023 o Concello gastou por enriba do orzamentado case  4,5 Millóns de €, o equivalente ao orzamento completo para un ano. Ou sexa, en dous anos David Castro gastou os cartos de 3 anos. Esta desviación entre orzamento e movemento real de cartos está motivada pola nula xestión do goberno, que fai os orzamentos anuais, cando os fai, copiando os de anos anteriores, e despois chegan axustes , axudas non contempladas, obras pendentes de anos anteriores.. e así de cinco millóns pasamos a sete.

O remanente acumulado  finalmente quedou en 1’1 Millóns. A Concelleira encheuse a boca a falar que ese é un bo dato, pero a realidade é que dos 2.253.588,62€ que había de remanente a peche de 2021,  xa so quedaban a peche de 2023  1.117.081,25 €.

En unicamente dous anos David Castro non só gastou o equivalente a 3 anos, ademais encolleu un remanente de máis de 2 millóns de euros á metade.

A debeda.

  Cando se fala de remanente, hai que ter en conta os denominados saldos de dubidoso cobro, que inclúen ás empresas ou particulares que polo que sexa non se conta con poder cobrarlle algunha débeda e tamén partidas de outras administracións que non se van cobrar, normalmente por perda dalgunha liña de axudas afectada, ou sexa, subvencións que se meteron no orzamento como un ingreso pero que despois se perderon.

A peche de 2017  o saldo de dubidoso cobro foi de 552.812,88€., dos cales a maior parte son completamente irrecuperables, pero siguen figurando más contas porque non hai ninguén ao mando da xestión económica que poña os núemeros ao día. En 2018 e 2019 esta cifra estancouse en  560.738,68€.  Pois ben, dende 2019 a 2023 este saldo subiu como a escuma e chegou xa a 969.560,81 €.

Case 1 millón de euros de dubidoso cobro. Ou a moitas empresas e particulares este Concello lle está perdonando pufos ou moitas subvencións se están perdendo.  Dende Somos Ribadumia temos moi claro que   máis ben o segundo. O goberno do señor  Castro leva perdidos máis de 2M de Euros en axudas, dende que é alcalde en solitario, e a boa parte deles tivo que facerlle fronte o goberno con fondos propios, e iso queda refrectido na cifra de Saldos de Dubidoso Cobro.

A Conta Xeral deu resultado positivo, como dixemos 65.369,36 €,. Pero segundo o  Balance de Situación das contas, a 31 de decembro de 2023 o goberno debía 939.816,66 €. En facturas pendentes de pagar. Como referencia a peche do 2021 a débeda era de 267.660,61 € , e no 2022 esta cifra disparouse ata os 612.149,50 €.

David Castro iniciou 2024 con  case un Millón de euros de cousas pendentes de pagar, máis do triple de como empezou 2022.

  A  lista de acreedores componse de  239 empresas, practicamente todas as entidades e clubs do do Concello, traballadores municipais, outras administracións  e particulares. Do total, hai 130 empresas pequenas e medianas de Ribadumia e da comarca.

  Así é como David Castro axuda as empresas e as entidades do noso Concello, deixándolle pufos e debéndolle cartos.

Sorpresa coa Mancomunidade.

  A 31 de decembro de 2022 este Concello debíalle a Mancomunidade 22.807,51 €.  Isto entra dentro do normal pois os recibos da ultima parte do ano é normal que se paguen no seguinte trimestre.

  O que xa non é normal é que a  31 de decembro de 2023 a cifra fora 97.588,02 €.  E este dato, que aparece na lista de acreedores do Concello, debía ser un dato aproximado,  porque en novembro de 2024 a propia Mancomunidade meteu por rexistro un apunte da débeda que este Concello tiña nese momento con eles.

De 2023 estábanse debendo, en novembro de 2024 e posiblemente se sigan debendo,  118.789,16 €.  Do 2024 en novembro debíanse 72.108,45 €.

  En conxunto, en novembro de 2024 a débeda deste Concello coa Mancomunidade do Salnés  era de case 191.000 €.

   Isto é moi grave,tal como explica Sergio Soutelo. “Fagamos memoria.O goberno do señor Castro levou a pleno en decembro de 2023 unha modificación de crédito para facer fronte a un pago coa mancomunidade de 26.000 €. Porque 26.000 € e  non toda a débeda dese ano? Non o sabemos, o que sabemos é que despois de todo o manexe de cartos, quedou a deber case 120.000 €, que en novembro do ano pasado estaban sen pagar”. Así que a ver a onde foron os cartos, os da modificación de crédito e os que se poñen cada ano no orzamento para os gastos correntes que temos mancomunados.

Por exemplo, a ver por que non se pagou a letra da compra de terreos para a EDAR nin a da planta fotovoltaica, estando as partidas dispoñibles e con fondos. A donde foron eses cartos? David Castro é Presidente da Mancomunidade, e pretende que os Concellos compren naves,  regalen terreos as empresas privadas para que monten xeriatricos, paguen liberacións … pero resulta que el non paga nin os cafés”.

Investimentos

  En total, para resumir,  para diversas obras e dotacións varias ao longo e ancho do  Concello chegáronse a dotar para ese ano 2023,   2.503.618,25 €. De todos eses cartos hai que ter en conta que 649.815,62 € eran fondos que se pasaron do ano 2022 por obras ou dotacións que nese exercicio non se fixeron.

Ou sexa, David Castro empezou 2023 xa con obras por valor de máis de medio millón sen facer.  Descontando isto, a dotación para investimentos propios do 2023 foi de 1.853.802,63 €. Desta cantidade, 836.226,22 e eran e seguen sendo para as obras da rúa condesa e para a ampliación do punto limpo.

Do total de fondos dispostos, como dixemos 2.503.618,25 €, quedou sen executar a metade. 1.276.309,3 € . Do executado, a maior parte foi nas dúas obras grandes, rúa Condesa e punto limpo.

O resultado disto é que a maior parte dos investimentos previstos para as parroquias quedou sen facer, e os que si se fixeron, foron os viñan con dous anos de retraso.

Dito doutro xeito, o alcalde non foi capaz en 2023 de facer máis obras que as as pendentes de 2022 e alguna de 2021.

De 49 partidas para investimentos, 39 non se gastaron ao completo, e desas 39, pois 19 partidas nin sequera se tocaron.  688.641,05 € sin usar.  Deles unha parte pasou ao ano seguinte, outra parte foi directamente ao remanente, pero outra parte, perdeuse.

De feito, sumando a partida para a pista de pump truck, outra prevista en parques infantís que tamén se perdeu,  e algunha obra menor máis, este concello perdeu de momento ao redor de 130.000 €, que ben xestionados daban para moitas cousas necesarias.

É totalmente inaceptable que nun concello cun orzamento final de 5.3 millóns de euros, teña 2,5 millons para investimentos, so use a metade deses cartos.

Para o que non hai limite é para a Festa do Tinto. En 2023 superou os 200.000€,  sen que ninguén sexa capaz a explicar en qué. Non só iso, a Concelleira de contas admitiu en Pleno que os ingresos da lotería non se computaron e se entregaron a “comisión organizadora “ da Festa para “pequenos gastos”, ou sexa para pagos en B . Recordemos que a Festa do Tinto a xestiona dende o 2016 o goberno local e esa “comision organizadora” non deixa de ser un grupo de persoal voluntario que axuda. Todos os gastos e ingresos os debe declarar o Concello. O que dixo a Concelleira é moi grave, por qué en todo caso os ingresos deben computarse e despois poñer na parte de gastos o que corresponda con  eses “pequenos gastos”.

E esta é a realidade da xestión do goberno , cantada polos números que eles levaron a Pleno. Para rematar, compre recalcar que os erros detectados  que confirmou tanto o goberno como o resto da oposición, non se corrixiron e tampouco se incluíu  a documentación que faltaba, polo tanto aprobouse un documento con datos falsos a sabendas.  David Castro, pois, minte e engana á veciñanza de Ribadumia, e faino ademais  de maneira descarada. .

Esiximos explicacións públicas a David Castro e a Miguel Castro pola situación xudicial na que están inmersos.

  • David Castro chamado a declarar como investigado por un presunto delito de prevaricación.
  • Miguel Castro tamén esta chamado a declarar.
  • Esiximos explicacións públicas inmediatas, logo de ocultarlle a situación ao Pleno a pesar de ser preguntado pola situación xudicial do Concello.
  • Algo cheira mal na Festa do Tinto dende fai anos.

     Dende Somos Ribadumia vimos de ter constancia pola prensa, ao igual que boa parte da veciñanza, de que David Castro  está chamado a declarar este próximo luns como investigado por un presunto delito de prevaricación relacionado cos permisos para a instalación de terrazas durante a Festa do Tinto do ano 2024.

   Que había certa problemática coas terrazas na última festa non nos era algo alleo, pois durante as festas producíronse varias denuncias da garda civil, ás que dende a nosa formación lle estabamos facendo un seguimento para ver como se resolvía a situación, aínda que coa información que apareceu no rexistro todo apuntaba a unha cuestión administrativa, relacionada maiormente con incumprimentos de horarios. Só nun caso o noso Concelleiro Sergio Soutelo detectou máis entrada de documentación e requirimentos de carácter xudicial, pero non eramos coñecedores de que o proceso tivera unha viraxe no senso de que houbese unha posible  actuación ilegal  por parte de David Castro.

   E non eramos os únicos que sabiamos que algún problema había, pois outras formacións xa preguntaron en Plenos anteriores , a última vez no  Pleno deste pasado xoves onde dende as filas socialistas se  lle preguntou a David Castro especificamente sobre a situación xudicial do Concello, e David Castro, sabendo que este luns ten que ir a declarar como investigado, ocultou a realidade ao Pleno e á veciñanza, sendo un tema tan grave e que ademais afecta ao seu compañeiro de filas Miguel Castro, e a unha traballadora do Concello.

   A Festa do Tinto leva anos con  sombras, algunhas delas, como o número de persoas que cada ano acude gratis a comer ao Xantar de Confraternidade, xeran moitas dubidas sobre o uso que se da a ese xantar e aos cartos públicos, doutras relacionadas coa xestión da propia festa xa temos tamén expresado a nosa opinión, como tamén recordamos a festa en pandemia na casa do alcalde precisamente un venres do tinto logo da actuación duns grupos de cantos de taberna.

En calquera caso é moi preocupante que o nome de Ribadumia e do noso evento máis importante saian nos medios por este tipo de cuestións que danan a súa imaxe.

 Resulta totalmente inaceptable que David Castro oculte esta situación, polo que esiximos que de maneira inmediata compareza publicamente e dea as explicacións pertinentes, con total transparencia. E dende logo, esixiremos as responsabilidades políticas pertinentes como se confirme algún tipo de actuación incorrecta ou ilegal.

David Castro obrigado a convocar un Pleno de urxencia para non perder axudas pola súa mala xestión.

  • David Castro intentou ocultar a realidade da situación, con miles de euros en xogo pola súa incompetencia.
  • Esperpento e ridículo coas convocatorias de Pleno.
  • David Castro confirma todas as deficiencias  detectadas  por Somos Ribadumia na Conta Xeral do 2023.

Esta semana vivimos un novo episodio de comedia inglesa, co goberno dando bandazos incapaz de corrixir  os seus propios erros.

De inicio o goberno local pretendía levar a Conta Xeral do ano 2023 a Pleno sen resolver as alegacións presentadas nin aclarar os erros expostos pola nosa formación, que ían dende a falta de Informes ata a falta de ingresos declarados ou pagos e débedas recoñecidas  con Independientes por Ribadumia. Ante o evidente da ilegalidade, convocaron unha Comisión Especial de Contas de urxencia, a todo  correr, onde por un lado confirmaron que todo o exposto  nas nosas alegacións era  correcto, e polo outro, sen ningún tipo de votación por parte dos membros da Comisión ditaminouse, non se sabe por quen,  o desestimamento  das alegacións.

Detrás de todo isto chegou unha convocatoria de Pleno para este xoves as 14:30 horas, seguindo a estratexia de Plenos anteriores de intentar minimizar a presenza dos membros da oposición, en concreto de Sergio Soutelo, a quen David Castro teme.  Pero resultou que a convocatoria foi realizada fóra de prazo, polo que solicitamos a súa suspensións e unha nova convocatoria para ter tempo abondo a preparar o pleno. Ata ese momento dende o goberno ninguén declarou que houbese ningunha urxencia por aprobar a Conta Xeral esta semana, cando total xa está fóra de todos os prazos legais de aprobación.

  Cal foi a nosa sorpresa ao encontrarnos con que Alcaldía modificou a convocatoria, dándonos a razón unha vez máis  e admitindo que era errónea, aparecéndonos cunha nova convocatoria para quince minutos despois do establecido na convocatoria anterior, toda unha tomadura de pelo, e ademais elevándoa ao carácter de Urxente, o cal obrigou a xustificar a urxencia.

E aquí foi onde saltou a lebre que o señor Castro pretendía ocultar : Hai varias axudas en risco de perderse por non ter aprobada a Conta Xeral de 2023, ata o punto que o prazo para presentar a documentación dunha desas axudas vence este venres, e o resto nos próximos días.

Así pois, o primeiro é lamentar a penosa xestión do goberno local, que xa non é que aprobe a Conta Xeral tarde, é que a aproba únicamente obrigado polo risco inminente de perder axudas.

Ademais , a xestión do proceso é irrisoria, pois podería convocar o Pleno de Urxencia dende o primeiro momento, pero as súas ansias por ocultarlle á opinión pública e a oposicións as vergoñas da súa xestión levarono ao absurdo este de convocar un Pleno tarde e mal para as 14:30, e logo corrixirse e convocalo a todo correr para o mesmo día pero as 14:45 horas.

  Con independencia  disto, dende a nosa formación solicitamos saber cáles son axudas que corren risco de perderse e as cantidades de cartos afectadas, pero o goberno, logo de comprometerse a entregar esa documentación como moi tarde as dúas da tarde, non a entregou, evitando así que sepamos  o grao de fondura na metedura de pata, pero que poden supoñer cifras que  ronden os 50.000€ en fondos públicos.

O segundo que temos que decir é que nos parece inaceptable que despois de admitir en Comisión e tamén no Pleno os erros na Conta Xeral expostos pola nosa formación, non se aceptará realizar a súa corrección, aprobando un documento que na práctica   é un documento falso.

E en terceiro lugar, debemos lamentar as actitudes do señor Castro criticando a Somos Ribadumia por facer o noso traballo. Pero en verbas de Sergio Soutelo “ A realidade é que no propio Pleno foi o alcalde, o que nos deu a razón públicamente en todo o que dixemos, confirmando que actuamos correctamente, que tiñamos razón cando dixemos que había erros, e que tiñamos razón cando dixemos que o Pleno estaba mal convocado, e destras del toda oposición corrobou que hai erros na Conta Xeral. E hai que remarcar que gracias a Somos Ribadumia fíxose público que o goberno non cumpre os prazos legais.  Gracias a Somos Ribadumia é publico que o goberno local falsea os números. E gracias a Somos Ribadumia agora  sabemos que se a Conta Xeral non se aprobara hoxe, mañá perderíanse miles de euros pola incompetencia do Señor Castro”.

  Do debatido no Pleno, en especial do relativo á Conta Xeral e as mentiras verquidas pola concelleira de Contas aproveitando a ausencia de Sergio Soutelo por motivos laborais  falaremos con máis calma  nos próximos días.

Lamentamos o retroceso na solución aos verquidos no Umia.

 

  • As respostas e solucións aportadas implican asumir que o novo bombeo  foi un fiasco
  • Retorno ao punto de partida de 2016, sen solucións claras e sen que ninguén asuma responsabilidades.
  • David Castro ausente da xuntanza que el mesmo solicitou. Inaceptable.

   Esta semana produciuse a xuntanza solicitada polo presidente da Mancomunidade, David Castro, entre ese ente e Augas de Galicia, para analizar o problema dos verquidos do bombeo de Cabanelas.

  O primeiro que debemos lamentar é o inaceptable comportamento de David Castro, que non participou na xuntanza que el mesmo solicitou, na cal ademais  se  tratou un asunto de gravidade  que afecta directamente ao noso Concello. Tampouco nos parece de recibo que non asistise a Conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vazquez, ou Gonzalo Durán, que ata agora aparecía para todas as fotos e anuncios relacionados con este tema.

  En todo caso o máis inaceptable é a ausencia do presidente da Mancomunidade. Como sempre David Castro, cando debe estar, non está.  Dende o noso punto de vista, este comportamento, ademais de irresponsable é unha tomadura de pelo á propia mancomunidade e a toda a veciñanza, polo cal debería dimitir como Presidente da Mancomunidade de  maneira inmediata, pero asumimos que non o vai facer porque carece de calquera ética ou moral e só quere ser presidente para intentar mellorar a súa imaxe pública, algo que por certo está lonxe de lograr con esas actitudes, do mesmo xeito que o PP sigue sen poñer orde no despropósito no que se converteu o PP  a nivel comarcal, con alcaldes enfrontados, cargos que van por libre,  e outros que non aparecen nin para dar a cara ante a veciñanza.

Do que transcendeu desa xuntanza, dende a nosa formación non podemos aceptar que que despois de gastar 950.000 € se nos diga que agora hai que analizar as redes de saneamento. Nós temos moi boa memoria, e para o caso a hemeroteca está aí. Suponse que tanto Augas de Galicia como a empresa concesionaria xa analizaron a rede de saneamento como tamén se supón que cando se elaborou o proxecto para o cambio do bombeo se fixeron os estudos e cálculos correspondentes para que esa obra solucionase o problema, e de feito recordemos que a obra anunciouse en todo momento como a solución aos verquidos, algo que está moi lonxe de ter acontecido.

  Así pois todo o que está dicindo agora, que hai que analizar a rede de saneamento ou que hai que tomar medidas contra as industrias contaminantes resulta inaceptable por que non é nada novo, por que implica asumir que a obra foi un fiasco monumental e porque nos leva  de volta ao ano 2016, supoñendo unha perda de cómo mínimo nove anos. E veremos canto tarda a solución en chegar, ou se finalmente se toman medidas efectivas contra as empresas contaminantes, cousa que dubidamos, polo que resulta de todo inaceptable que non se depuren responsabilidades políticas.

  Dende Somos Ribadumia volvemos insistir en que todo isto é unha  cara tomadura de pelo, que deu como resultado un verquido continuo ao río Umia sen que ninguén se faga cargo nin asuma consecuencias e con cargos políticos, como David Castro, Alcalde de Ribadumia e Presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, autoproclamado impulsor do proxecto de renovación do bombeo de Cabanelas como ”solución definitiva” ou a Conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vazquez, desaparecidos.

E polo tanto, volvemos esixir responsabilidades políticas e solucións inmediatas e concretas.