Unha pregunta de Sergio Soutelo destapa un novo desastre na xestión, desta volta cos contratos do subministro eléctrico.

  • O goberno levou Pleno en xullo de 2025 unhas cláusulas de contratación tan desfasadas que o proceso non chegou nin a iniciarse.
  • A situación deixou ao Concello de Ribadumia no limbo legal ao non ter cumprida a obriga de contratar os servizos de subministro da luz , con posibles multas, que poderian chegar a case 33.000€ /ano.
  • Caos total e desconcerto no goberno cando escoita falar do tema, ata o punto de ter a secretaria que explicar as cousas.

  No Pleno celebrado o pasado xoves unha sinxela pregunta de Sergio Soutelo serviu para amosar un novo exemplo do caos no que vive o Concello de Ribadumia, cun goberno que non sabe nin que cousas leva a pleno, nin en que situación están temas tan básicos como os contratos do subministro eléctrico, cuxas facturas se aproban de xeito habitual supostamente en Xunta de Goberno.

  A pregunta en cuestión foi ben sinxela e xiraba ao redor do prego de clausulas para a licitación dos contratos de subministro eléctrico do Concello, aprobadas en Pleno o pasado mes de xullo.

  A actitude do goberno no momento no que Soutelo preguntou se unha vez aprobadas as cláusulas se habían licitado os contratos para as 75 instalacións coas que conta o Concello, foi moito mais indicativo que a propia resposta : o goberno non sabía nin do que se estaba falando. Tal foi a confusión do goberno a propia secretaria que tivo que tomar a palabra e explicar o que sucedera. Entón chegou a resposta: non se chegou a licitar ese lote de contratos por que as cláusulas xa estaban desfasadas no momento de aprobarse. Ou sexa, que o goberno levou a Pleno unhas cláusulas que non tiñan xeito nin dereito, e que de iniciarse o proceso de licitación poderían derivar en outros problemas, dende denuncias das empresas polas condicións ata, polo mesmo motivo, quedar o concurso deserto.

   Dende Somos Ribadumia, por moito que a redacción das clausulas deste tipo de contratacións sexa técnica, non podemos aceptar que nin o Alcalde, que conta cunha liberación, nin a concelleira de Contas, que conta con outra liberación, nin o Concelleiro de urbanismo, tamén cunha liberación e responsable xunto aos anteriores desta situación concreta, nin ningunha das súas catro compañeiras no goberno se molestara en leer os documentos que levaron a Pleno, nin a interesarse por saber que eran, para que se levaban e , sobre todo, que cumprían con todos os parabéns.

  Ademais, hai que remarcar que a secretaria municipal declarou  que esas bases levaban redactadas dende maio, polo que o motivo do decaemento en boa medida se debe ao retraso do propio goberno a hora de levar esta cuestión as Pleno.

Posibles multas por incumprimentos legais

   O problema vai máis aló do meramente administrativo. O informe redactado por intervención que acompañou as bases de contratación dos 75 puntos de subministro eléctrico, con contratos que levan anos prorrogados e sen que se teñan licitado ningún deles nos últimos cinco anos. Ou sexa, que o goberno do señor Castro leva dende o ano 2019 que acadou a maioría absoluta sen renegociar ningún contrato de subministro eléctrico, outro exemolo de desidia e abandono  agravado pola circunstancia de que o goberno conta cunha empresa externa contratada para mellorar a xestión deses contratos de subministro buscando aforro económico, que levaba anos recomendando actuacións ás que o señor Castro fixo oídos xordos.

  O informe tamén explica que o pasado 22 de abril de 2025, a empresa comercializadora comunicou ao concello que a partir de desa data  non tramitaría ningún cambio de contrato nin novo contrato, e que tampouco garantía que fora prorrogar os contratos actuais ao seu vencemento. Isto debíase a unha norma estatal que  dende o 1 de xaneiro de 2024 impide que os Concellos poidan acollerse á modalidade PVPC (prezo voluntario do pequeno consumidor),  polo que ou ben o Concello saca a concurso público a contratación do subministro ou ben  no momento de vencer is contratos “serán abastecidos á tarifa de último recurso (TUR), que inclúe unha penalización do 20% sobre a facturación.

 Dita penalización  “ afectaría ás 75 subministracións, e supoñería ao Concello de RIBADUMIA unha cantidade de 32.812,25 €/ano, ou o que é o mesmo uns 2.734,35 €/mes”.  Como dixemos, o informe é de xullo de 2025, e dende entón o goberno, non fixo nada por resolver o problema.

 Dende Somos Ribadumia consideramos que o “olvido” do goberno local con esta cuestión, logo de anos de vagan os e desidia coroados coa gloria de levar a Pleno  unhas cláusulas de contratación totalmente desfasadas, para volver deixar  o asunto nun caixón ao día seguinte, é totalmente inaceptable. Esiximos responsabilidades políticas e que o goberno de xeito urxente corrixa esta situación.

Deixar un comentario