En marzo e as axudas a entidades clubs do 2025 sen pagar.
- O goberno asegurou non saber se as axudas estaban pagadas.
- O 15 % da partida, que debería aprobarse as principios de ano, sen aprobar.
- A Concelleira de Contas culpou ás propias entidades do retraso nos pagos.
No Pleno celebrado onte volveuse poñer de manifesto, ao fío das axudas a entidades e clubs, o desastre da xestión do goberno. E tamén da capacidade do equipo de David Castro para culpar aos demais da súa incapacidade.
Cómpre recordar en primeiro lugar como se xestionan estas axudas.
A partida total divídese en dúas partes. O 85% apróbase nun primeiro momento. Deste 85%, o 25% debe pagarse de xeito inmediato unha vez aprobadas e o restante unha vez xustificados os gastos. o 15% restante, pensado para dar cobertura ás actividades realizadas entre novembro e decembro, apróbase normalmente no primeiro Pleno do ano.
O 85% inicial das axudas do ano 2025 aprobáronse – xa tarde – o 31 de xullo de 2025. Desa parte, deberíanse ter entregado o 25% na primeira semana de agosto. Pois ben pagouse en outono, deturpando deste xeito a razón de ser das axudas, que era basicamente axudar nos gastos de pretempada dos clubs. O resto da axuda quedou sen pagar, a pesar de que o prazo de xustificación venceu en novembro.
Asi as cousas, as axudas a entidades e clubs estaban onte, 5 de marzo, sen pagar. Cando menos esta era a realidade as 15:00 horas, cando pechou o Concello, pero non temos dúbida de que esta mañá as axudas estarán pagadas. En Pleno, tanto Sergio Soutelo como os Concelleiros do PSOE intentaron sen éxito que o goberno aclarase se habían pagado e en caso negativo cal era o motivo, pero o goberno asegurou non saber se as axudas estaban pagadas. Hai que recordar e remarcar que aínda que as axudas se aproben en Pleno a orde executiva de pago debe dala, ben o Alcalde, ben a Concelleiras de Contas. Polo tanto, é evidente que saben sobradamente cando se pagan ou non se pagan as axudas.
Para a nosa formación é totalmente inadmisible que se minta en Pleno. Pero moito peor é que o goberno teña en pleno mes de marzo ás axudas do ano anterior sen pagar.
Logo está o 15% que debería terse aprobado no Pleno de xaneiro, que non chegou a celebrarse, ou como moi tarde no Pleno de onte. Pero para a nosa sorpresa, non só non se levou ao aprobación deste 15%, senón que cando dende a oposición se lle preguntou polo motivo, a resposta foi que non estaban sen aprobar por culpa das entidades “coas que houbo que facer moito acompañamento con moitas das entidades e clubs por retrasos con xustificacións ”. Esta resposta, dando a entender que as entidades e clubs do Concello, que levan na súa maioría presentando as documentación cada ano dende que se aprobaron as bases no 2016 , fixeron as cousas mal ou se retrasaron nos trámites, resulta vergoñenta.
A Concelleira de contas, que se amosou máis preocupada porque se fixeran públicas as súas declaracións en Pleno que por solucionar os problemas da súa xestión, debería de maneira inmediata presentar as súa dimisión do cargo por causa da súa completa incompetencia, por mentir en Pleno e por faltarlle ao respecto ás directivas das entidades e clubs, acusándoas de falta de dilixencia.
Por último, queremos por de manifesto que en febreiro deberían terse convocado as axudas para este 2026, cousa que tampouco aconteceu. Polo que volvemos insistir en que o goberno debe deixar de buscar escusas e culpables e poñerse a traballar. Un retraso na convocatoria carrexa retrasos en todo o proceso, que se aproben tarde e, vendo como vai o goberno, que se paguen aínda máis tarde.
