Lamentamos que David Castro saque a Ribadumia da campaña “Móllate polos Ríos”.

  • Dende 2015 O Concello colaboraba con esa campaña de concienciación ambiental.
  • No 2024 o Concello xa non participou, e David Castro negouse se explicar o motivo.
  • Bombeos que non impiden os vertidos, depuradoras  que verten case todo o ano  e atrancos que matan  o río, ese é o   compromiso de David  Castro co medio ambiente e co coidado dos nosos ríos.

   Esta fin de semana terá lugar a acción conxunta “Móllate polos ríos” promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA, dentro do seu Proxecto Ríos, un proxecto de defensa e posta en valor ambiental dos ríos galegos posto en marcha por esta entidade no 2005 e que hoxe en día está promovido pola Conselleria de Medio Ambiente.   O Concello de Ribadumia uniuse no 2015  como colaborador desta xornada anual que máis aló da acción de recoller lixo nas marxes do río busca poñer o foco na importancia de coidar as nosas canles fluviais.

   Porén, no ano 2024 o goberno de David Castro, sen mediar explicación algunha, liquidou a colaboración con este evento, deixando tamén de darlle publicidade, e evitando participar na xornada tal como se viña facendo dende 2015. Preguntado polo asunto en Pleno o pasado mes de maio, o alcalde non foi quen de explicar o cambio de criterio.

   Dende Somos Ribadumia lamentamos esta nova postura do señor Castro e do seu goberno. Pero non podemos decir que nos sorprenda. Nos últimos anos estamos asistindo a unha degradación do coidado ambiental dos nosos ríos. Non esquezamos as barbaridades que se fan cada ano no río Armenteira con desbroces esaxerados,  a gran estafa do bombeo de Cabanelas que non só non evitou os vertidos senón que os aumentou,  as fugas continuadas da EDAR de Lois, responsabilidade exclusiva do goberno local queira para outro lado,  ou a permisividade coa construcción dun atranco en Cabanelas que vai ser un atentado ambiental e paisaxístico na zona de maior interese turístico do noso Concello e a escasos metros dunha zona de esparcemento moi utilizada no verán pola nosa veciñanza.

Deixar un comentario