David Castro obrigado a convocar un Pleno de urxencia para non perder axudas pola súa mala xestión.

  • David Castro intentou ocultar a realidade da situación, con miles de euros en xogo pola súa incompetencia.
  • Esperpento e ridículo coas convocatorias de Pleno.
  • David Castro confirma todas as deficiencias  detectadas  por Somos Ribadumia na Conta Xeral do 2023.

Esta semana vivimos un novo episodio de comedia inglesa, co goberno dando bandazos incapaz de corrixir  os seus propios erros.

De inicio o goberno local pretendía levar a Conta Xeral do ano 2023 a Pleno sen resolver as alegacións presentadas nin aclarar os erros expostos pola nosa formación, que ían dende a falta de Informes ata a falta de ingresos declarados ou pagos e débedas recoñecidas  con Independientes por Ribadumia. Ante o evidente da ilegalidade, convocaron unha Comisión Especial de Contas de urxencia, a todo  correr, onde por un lado confirmaron que todo o exposto  nas nosas alegacións era  correcto, e polo outro, sen ningún tipo de votación por parte dos membros da Comisión ditaminouse, non se sabe por quen,  o desestimamento  das alegacións.

Detrás de todo isto chegou unha convocatoria de Pleno para este xoves as 14:30 horas, seguindo a estratexia de Plenos anteriores de intentar minimizar a presenza dos membros da oposición, en concreto de Sergio Soutelo, a quen David Castro teme.  Pero resultou que a convocatoria foi realizada fóra de prazo, polo que solicitamos a súa suspensións e unha nova convocatoria para ter tempo abondo a preparar o pleno. Ata ese momento dende o goberno ninguén declarou que houbese ningunha urxencia por aprobar a Conta Xeral esta semana, cando total xa está fóra de todos os prazos legais de aprobación.

  Cal foi a nosa sorpresa ao encontrarnos con que Alcaldía modificou a convocatoria, dándonos a razón unha vez máis  e admitindo que era errónea, aparecéndonos cunha nova convocatoria para quince minutos despois do establecido na convocatoria anterior, toda unha tomadura de pelo, e ademais elevándoa ao carácter de Urxente, o cal obrigou a xustificar a urxencia.

E aquí foi onde saltou a lebre que o señor Castro pretendía ocultar : Hai varias axudas en risco de perderse por non ter aprobada a Conta Xeral de 2023, ata o punto que o prazo para presentar a documentación dunha desas axudas vence este venres, e o resto nos próximos días.

Así pois, o primeiro é lamentar a penosa xestión do goberno local, que xa non é que aprobe a Conta Xeral tarde, é que a aproba únicamente obrigado polo risco inminente de perder axudas.

Ademais , a xestión do proceso é irrisoria, pois podería convocar o Pleno de Urxencia dende o primeiro momento, pero as súas ansias por ocultarlle á opinión pública e a oposicións as vergoñas da súa xestión levarono ao absurdo este de convocar un Pleno tarde e mal para as 14:30, e logo corrixirse e convocalo a todo correr para o mesmo día pero as 14:45 horas.

  Con independencia  disto, dende a nosa formación solicitamos saber cáles son axudas que corren risco de perderse e as cantidades de cartos afectadas, pero o goberno, logo de comprometerse a entregar esa documentación como moi tarde as dúas da tarde, non a entregou, evitando así que sepamos  o grao de fondura na metedura de pata, pero que poden supoñer cifras que  ronden os 50.000€ en fondos públicos.

O segundo que temos que decir é que nos parece inaceptable que despois de admitir en Comisión e tamén no Pleno os erros na Conta Xeral expostos pola nosa formación, non se aceptará realizar a súa corrección, aprobando un documento que na práctica   é un documento falso.

E en terceiro lugar, debemos lamentar as actitudes do señor Castro criticando a Somos Ribadumia por facer o noso traballo. Pero en verbas de Sergio Soutelo “ A realidade é que no propio Pleno foi o alcalde, o que nos deu a razón públicamente en todo o que dixemos, confirmando que actuamos correctamente, que tiñamos razón cando dixemos que había erros, e que tiñamos razón cando dixemos que o Pleno estaba mal convocado, e destras del toda oposición corrobou que hai erros na Conta Xeral. E hai que remarcar que gracias a Somos Ribadumia fíxose público que o goberno non cumpre os prazos legais.  Gracias a Somos Ribadumia é publico que o goberno local falsea os números. E gracias a Somos Ribadumia agora  sabemos que se a Conta Xeral non se aprobara hoxe, mañá perderíanse miles de euros pola incompetencia do Señor Castro”.

  Do debatido no Pleno, en especial do relativo á Conta Xeral e as mentiras verquidas pola concelleira de Contas aproveitando a ausencia de Sergio Soutelo por motivos laborais  falaremos con máis calma  nos próximos días.

Deixar un comentario