David Castro ten paralizado o cambio de céspede do campo de a Bouza.

Coa partida económica dotada dende xullo, e co compromiso de cambiar o céspede en outubro, o proceso de licitación está sen iniciar.
• Outra promesa de David Castro que vai quedar sen cumprir.
• 267.000 €, a maior parte collidos da carteira da veciñanza, paralizados.
• A Deputación na prensa presumindo de obras que están sen facer.
• E mentres, o Umia prexudicado por David Castro, acumulando lesións nun campo en estado lamentable
, e coa ameaza , xa formalizada por un árbitro, de non poder xogar no campo.

Fai uns días o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, presumía dos investimentos realizados en infraestruturas deportivas no Salnés. Cal foi a nosa sorpresa ao ver que entre a lista de investimentos realizados aparecían case 46.000 € (45.946,71 € ) para a renovación do céspede do campo de fútbol de A Bouza en Barrantes. Un investimento que está hoxe sen realizar, aínda que polo visto ninguén informou ao presidente da Deputación, que tampouco debe saber que non é a primeira subvención que David Castro perde pola súa incapacidade para facer cousas ben.

O cambio do céspede de A Bouza conta cun orzamento que supera os 267.000 €, dos cales David Castro unicamente conseguiu da Deputación uns pírricos 46.000 €, o 17% do investimento total – o resto sae de fondos propios – , cando outros concellos lograron ata o 100% dos seus proxectos desta mesma liña de axudas. Pero máis aló da incapacidade de David Castro para conseguir investimentos de importancia para Ribadumia, está a súa maior incapacidade para xestionar o pouco que consigue.

Dende antes do verán, o señor Castro comprometeu por activa e por pasiva á directiva e ao entorno do Umia C.F. que a obra de cambio de céspede se realizaría neste mes de outubro. Porén, debemos por de relevancia que a día de hoxe, con setembro moi avanzado, o proceso de licitación da obra, que ten a partida orzamentaria aprobada dende xullo, non se iniciou, polo tanto ese proxecto a día de hoxe non pasa diso, de ser un proxecto nun papel, e vai ser moi difícil, debido aos tempos nos procesos de licitación, que aínda que David Castro acordara poñerse a traballar ao leer este comunicado, o céspede se poida mudar antes de novembro, e somos optimistas, e contando con que a obra se faga.

Mentres David Castro sigue ausente do seu cargo, os xogadores, as xogadoras e os nenos e nenas da familia deportiva que conforma o Umia teñen que adestrar e xogar nun campo que está nunhas condicións lamentables, acumulando lesións e arriscándose a que algún arbitro lles impida xogar nese terreo de xogo, coa correspondente penalización para o Club.

De Feito, o pasado domingo o árbitro que pitou o partido entre o Umia C.F. e o Celtiga C.F. recolleou en acta a situación do campo, dándolle dúas semanas ao Umia -ats o próximo encontró – para resolver a situación, cousa que o club obviamente non vai poder facer.

Esiximos a David Castro que unha vez que colleu os cartos da carteira da veciñanza -incapaz de conseguir fondos doutras administracións – deixando así outros investimentos sen realizar, e visto o prexuizo que está ocasionando coa súa ineptitude ao Umia, que espabile e axilice a substitución do tepe de A Bouza, e que mentres non se solucione a situación, aporte alternativas ao Umia C.F. para poder xogar os seus partidos e asuma calquera posible sanción económica que poida recibir esa entidade por parte da Federación Galega de Fútbol.

Deixar un comentario