Manifesto Somos Maioria

関東情報まとめ⑬-5405

Somos Ribadumia nace ó abeiro do manifesto Somos Maioría, un documento de mínimos ó que podedes acceder dende o enlace de mais arriba, e tamén asinalo se concordades co que expresa.
O manifesto Somos Maioría di o seguinte:

A cidadanía decide.
Somos maioría as persoas que queremos cambiar as cousas. Que queremos facer deste país, Galiza, un lugar digno no que pague a pena vivir, no que as nosas fillas e fillos teñan futuro e no que a xente teña, de verdade, a palabra e a decisión.

Porque somos maioría as persoas que non estamos dispostas a tolerar a desigualdade, o retroceso das condicións de vida dos máis para que uns poucos se enriquezan, o espolio e a privatización dos nosos recursos naturais e a degradación dos nosos sinais de identidade, moi principalmente da nosa lingua.

Somos maioría as persoas que pensamos que a orde social debe asegurarnos o dereito a un benestar e unha seguranza material mínima: a ter unha vivenda digna, a ter un traballo decente, a poder protexer a nosa saúde e o noso medio ambiente, a poder acceder ao ensino e á cultura. 

Somos maioría as persoas que queremos aproveitar este momento de cambio para impulsar unha democracia avanzada, fundada nos valores republicanos da igualdade, solidariedade e liberdade.

Somos maioría as persoas que demandamos un grande entendemento galego para saírmos desta situación de empobrecemento, marxinación, e mesmo inanición polo ruín desgoberno que estamos a sufrir. 

Somos maioría quen demandamos que exista unha alternativa de confluencia e unidade que poña fin a este estado de regresión nos dereitos, liberdades e autogoberno. 

… e temos que entendernos

Deixar un comentario