Asemblea Organizativa
NORMAS E CALENDARIO ASEMBLEA ORGANIZATIVA DE SOMOS RIBADUMIA.
En Somos Ribadumia estamos inmersos no noso proceso organizativo, un paso mais para mellorar a organización da nosa plataforma veciñal. Podes formar parte dese proceso seguindo uns pasos moi sinxelos:
¿QUEN PODE PARTICIPAR NESTA ASAMBLEA?:
- Calquera veciño ou veciña de Ribadumia que desexe contribuir e traballar para mellorar o noso Concello e colaborar con SOMOS RIBADUMIA, sen mais obriga.
¿QUE TEÑO QUE FACER?:
- Ata o día 11 de Xaneiro estaba marcado o prazo para propoñer cambios nos documentos de base que redactou un equipo de traballo nomeado na asemblea anterior.
- Os documentos coas diferentes propostas, telos dende hoxe 15 de Xaneiro expostos aqui abaixo. Seguen sen ser documentos definitivos, e no debate en asemblea poderían sufrir variacións importantes, ou mesmo non aprobarse.
Nos documentos, as propostas aportadas por veciños e veciñas ó documento base están recadradas en verde. Algunhas propoñen incluir parrafos, outras propoñen modificacións de parrafos existentes, e neses casos aparecen as posibilidades expostas. Todo isto obedece a nos intención de facilitar o debate.
- Hoxe 15 de xaneiro convocarase tamén oficialmente a Asemblea Organizativa.
- 21 DE XANEIRO: ASAMBLEA ORGANIZATIVA DE SOMOS RIBADUMIA Centro Social de Barrantes, a partires das 20,30 Horas. Na asemblea debatiremos e aprobaremos, se procede, os documentos organizativos que van ser a base que nos permitirá traballar dun xeito mellor ordenado, sempre mantendo o espiritu asembleario, horizontal e aberto co que nacemos.