Código Ético

Ética-empresarial

( DESCARGA EN PDF AQUI)

Na última xuntanza de Somos Ribadumia, os veciños e veciñas asistentes aprobaron o seguinte código ético, que vai marcar as condicións requeridas para participar nas listas e tamén marcar as pautas de actuación no ámbito político ás persoas que nos representen.
Un compromiso claro ca cidadanía.

PROCESO DE CONFORMACIÓN DA CANDIDATURA ELECTORAL.

OBXECTIVOS A CONSEGUIR:   OUTRO XEITO DE FACER POLÍTICA

  • Somos unha candidatura veciñal, polo tanto esiximonos un proceso aberto, no que poida postularse calquera persoa sempre que se concorde cos principios, código ético e condicións aprobadas polas asamblea de SOMOS RIBADUMIA.
  • En concordancia cos principios debe ser un proceso participativo, e os candidatos e candidatura deben ser expostos e aprobados en Asemblea.
  • Debemos respetar o principio de igualde e de toma de decisións dende a base, rexeitando calqueira imposición de nomes ou reparto de “cuotas” en base a siglas ou grupos organizados.
  • Traballaremos por facer unha lista plural, representativa dos veciños de Ribadumia, Contando con persoas de diversos sectores profesionais, e cun adecuado equilibro territorial entre as diferentes parroquias.

REQUISITOS PARA PODER SER CANDIDATO DE SOMOS MAIORÍA:

En cumprimiento dos acordos de SOMOS RIDADUMIA establécese que non poderán figurar entre os candidatos persoas que se atopen nos supostos seguintes:

  • Persoas que estean imputadas ou condenadas xudicialmente por casos de corrupción, financiamento ilegal ou calesqueira outros delitos relacionados coa administración pública.
  • Tampouco aqueles imputados – condenados por delitos de violencia de xénero – violación dos dereitos laboráis – homofobia ou xenofobia.
  • Persoas que na actualidade estean desempeñando cargos de representación política ou pública noutras administracións (non a duplicidade), a non ser que previamente renuncien aos mesmos.
  • Aqueles que non acepten cumprir o DECALOGO ÉTICO e os principios do manifesto somos maioría ou someterse a avaliación dos seus cargos por parte da Asemblea de SOMOS RIBADUMIA.

A Asemblea de SOMOS RIBADUMIA estará facultada para interpretar as casuísticas concretas que se deriven destes puntos.

DECÁLOGO ÉTICO DOS CONCELLEIROS DE SOMOS RIBADUMIA.

  1. NON AOS PRIVILEXIOS: Os Concelleiros de SOMOS RIBADUMIA rexeitarán calqueira agasallo, privilexio ou trato de favor, que se lle poida ofrecer en razón do seu cargo.
  2. TRANSPARENCIA ABSOLUTA E DECLARACIÓN PUBLICA DOS BENS E PATRIMONIO: Os Concelleiros de SOMOS RIBADUMIA farán pública todas aquelas retribucións ou abonos que reciban polo seu cargo no Concello ou pola súa representación. Ao mesmo tempo comprometense a públicar a súa declaración de bens, tanto ao inicio da lexislatura, como no momento en que abandonen o seu cargo ou ao final da lexislatura.
  3. CUMPRIMENTO DO PROGRAMA ELEITORAL: Os Concelleiros de SOMOS RIBADUMIA compromentense a traballar polo cumprimento do Programa eleitoral presentado.
  4. IGUALDADE DE TODOS DIANTE DO CONCELLO: Os Concelleiros de SOMOS RIBADUMIA defenderán e aplicaran o principio da igualdade de todos os veciños e veciñas diante do Concello.
  5. COMPROMISO DE TRABALLO E INFORMACIÓN PÚBLICA: Os Concelleiros de SOMOS RIBADUMIA comprometense a informar aos veciños de Ribadumica de xeito periódico sobre a súa labor, así como da situación do Concello de Ribadeumia.
  6. SOMETEMENTO A ASEMBLEA: Os Concelleiros aceptan someter o seu traballo a avaliación periódica dos cidadáns e da Asemblea de SOMOS RIBADUMIA, que poderá revogalos do seu cargo.
  7. COMPROMISO DE ATENCIÓN DOS VECIÑOS: Os Concelleiros de SOMOS RIBADUMIA compromentense a recibir a todos os veciños e asociacións que así llo soliciten, no prazo de tempo minimo que sexa posible.
  8. ATENCIÓN AS NECESIDADES E PRIORIDADES DOS VECIÑOS: Os Concelleiros de SOMOS RIBADUMIA comprometense a poñer sempre por diante na súa actuación os intereses xerais dos veciños de Ribadumia.
  9. NON A DUPLICIDADE DE CARGOS: No caso de que un concelleiro de SOMOS RIBADUMIA saia elexido para obstentar un cargo de representación pública noutra administración ou parlamento – senado, deberá abandonar inmediatamente a súa acta de Concelleiro.
  10. COMPROMISO DE CAMPAÑA ELEITORAL INFORMATIVA E RESPETUOSA CO MEDIO AMBIENTE: SOMOS RIBADUMIA comprométese a realizar unha campaña eleitoral de carácter informativo das súas propostas, limpa e respetuosa co medioambiente.

 

Un comentario

  1. Pingback: Aprobado o código ético | Somos Ribadumia
  2. Pingback: Aprobada a nosa lista electoral. | Somos Ribadumia
  3. Pingback: Enrique Oubiña anuncia eu pagará o seu convite ó xantar a pesar de estar exento. | Somos Ribadumia

Deixar un comentario