O equipo de goberno presenta a nova web

13502995_970865023033888_6911081928466360420_oO pasado luns presentabase de xeito oficial as novas ferramentas de comunicación do Concello. O tripartido puxo de longo nun acto celebrado no salón de plenos do Concello  a nova web ribadumia.org   ,  a platforma dixital   o meu concello” que ven asociada a unha app para smartphones.

Dende o equipo de goberno afirman que goberno tiñan moi claro, xa antes das pasadas eleccións, que a páxina web do concello estaba totalmente anticuada, e ademais non estaba levándose correctamente, algo que se notaba no deseño e na falta de actualizacións que a web tiña.

Unha vez chegados ó goberno, unha das primeiras cousas que fixeron foi poñer o ollo na web e na forma na que se estaban tratando as redes sociais do Concello. Ademais de certa deixadez no seu uso, atopouse que o mantemento da web era moi caro e o contrato coa empresa que a xestionaba era bastante prexudicial para o Concello. Por poñer un exemplo, cambiar un banner (unha simple foto) custaba o redor dos 150€, co cal manter a páxina activa e en condicións durante todo o ano se facía economicamente inasumible.

Con este punto de partida iniciouse o proceso de actualización da páxina. A maiores diso, o equipo de goberno apostou por dispoñer dunha ferramenta que fora de utilidade para os veciños, e que o acceso se pudera facer dende calquera dispositivo electrónico. Por ese motivo, ademais da web creouse unha plataforma dixital e a correspondente app, que mais adiante se explica en profundidade.

O que este equipo de goberno busca coa creación destas ferramentas é afondar na transparencia, facilitarlle ós veciños e veciñas toda a información municipal e facilitarlle tamén os tramites burocráticos.

Afirman así mesmo que con estas novas tecnoloxías aplicadas ó día a día da vida municipal e sumados ó uso das redes sociais e doutros mecanismos de comunicación, como as xuntanzas que eventualmente se realizan nas parroquias, ou diversos boletíns con información que se envían os fogares, vanse conseguir estes obxectivos, e poderase dicir que en Ribadumia a transparencia por fín é total, e que os veciños realmente son parte activa do Concello.

Hai que decir que o desenrolo destas novas ferramentas dixitais, foi preciso contar, ademais de coa empresa Galimaxina, co apoio de todas as concellerías e do persoal do concello, pois partiuse de cero e foi preciso unha recopilación de información de tal calibre que non sería posible sen facer un traballo conxunto. Ese traballo é o que xustifica a tardanza en ter as ferramentas dispoñibles, pero o resultado ben mereceu a espera.

WEB
Unha vez entramos na web ribadumia.org o primeiro que vemos é que a presentación da pantalla principal (home) mudou completamente con respecto a web anterior. Agora temos en primeiro lugar unha presentación do concello cunha serie de fotografias en formato grande, cunhas breves mensaxes. Isto é así porque o que esta web pretende é presentarse a veciños e non veciños por igual, e que esa presentación non dea a imaxe de estar accedendo a unha páxina excesivamente “profesional”. O entorno da web e bastante limpo e atractivo á vista,non está saturado de seccións, e divide a información en grandes areas.

Captura de pantalla 2016-06-19 18.09.47.png

Na parte superior temos as catro areas mais importantes, en forma de menus desplegables. Se imos clicando en cada unha destas seccións abrense e vemos que temos un acceso facil e ordenado a todas seccións. Como despois explicaremos, hai varios niveles de acceso a estas seccións, según un sexa veciño de Ribadumia ou non.

Captura de pantalla 2016-06-19 18.11.14 - copia - copia.png

Se imos baixando na páxina principal vemos resaltados con catro banners con catro áreas que consideramos van ser a que mais uso teñan: turismo, portal de transparencia, perfil do contratante e servizos, clicando en cada un deles accedemos a unha páxina con todas as seccións.

Captura de pantalla 2016-06-19 23.49.15 - copia.png

E se baixamos mais temos a información mais inmediata, as últimas novas, a axenda, e un formulario de suxestións para que quen o desexe poida dirixirse o concello.

Captura de pantalla 2016-06-19 23.51.29 - copia.png

PLATAFORMA  “O meu concello”. 
A plataforma dixital , que denominamos “o meu concello” www.omeuconcello.ribadumia.org,   é na práctica o lugar onde se almacena a maior parte da información do Concello.

Captura de pantalla 2016-06-19 23.53.23 - copia.png

Ten un entorno tamén moi ordenado, dividido en grandes grupos coas súas correspondentes seccións. Actualmente hai quince grupos pero esa cifra poderá variar no futuro en función de cómo vaia o uso, ou de novas necesidades que vaiamos tendo. Dentro dese quince grupos temos dende o portal de transparencia, coas declaracións de bens dos concelleiros, as actas municipais ata as axudas publicadas, pasando pola axenda e toda a actualidade do concello.

Captura de pantalla 2016-06-19 23.55.21 - copia.png

Captura de pantalla 2016-06-19 23.55.55 - copia.png

REXISTRO.
Como xa comentamos, hai varios niveis de acceso a información.
Por unha banda temos toda a información turística, unha parte do portal de transparencia e o perfil do contratante, que son abertos a calquera visitante da web e plataforma, para o cal non é preciso rexistrarse.
Un segundo nivel de acceso correspondese con visitantes que se rexistran pero non son veciños empadroados no concello. Estes teñen acceso a mais información, pero non a toda.
E en terceiro lugar temos o acceso a usuarios rexistrados empadroados no concello. Estes teñen acceso a toda a información que haxa na plataforma, poden consultar liñas de axudas, acceder a diversa documentación municipal, etc.

¿Por qué é necesario o rexistro para acceder a toda a información?

Primeiro por seguridade. Para poder garantir que o entorno onde o veciño se move é totalmente seguro para el hai que ter unhas formulas de seguridade, entre elas o acceso rexistrado. Pero ademais disto é necesario rexistrarse porque esta ferramenta non esta pensada como un cadro estático so de consulta, se non que se plantexou como unha canle de comunicación bidirecciónal e en tempo real. Unha vez que unha persoa se rexistra, e ese rexistro é aprobado dende o concello, automaticamente terá acceso a información correspondente, pero é que ademais recibira puntualmente e en tempo real, todo aquelo que se publique na plataforma e poida ser do seu interes, pois a persoa rexistrada terá unha conta de correo persoal, ademais de poder recibir os avisos na app do movil.

As oportunidade que con isto se abren son innumerables. A persoa rexistrada pode dende o ordenador ou o movil descargar documentación, normativas, formularios para facer diferentes solicitudes, dirixirse o concello para poñer de relevancia calquera averia, deficiencia ou problema que detecte. E o concello pode a través desta plataforma informar a todos os ususarios e usuarias rexistrados das últimas novas, de calquera alerta que poida haber, incluso acotando o ambito xeografico. Por exemplo, podese avisar os veciños dunha rúa especifica que vai estar cortada en determinado momento, ou os veciños dunha parroquia concreta que vai haber tal charla, ou se van realizar tales obras en tales datas… E obviamente a ferramenta permite que a un veciño concreto se lle informe de calquera cuestión de xeito persoal, directo, e sobre todo instantaneo.

Para todo isto é primordial estar rexistrado. Por ese motivo dende aquí queremos animar os veciños e veciñas de Ribadumia a rexistrarse. É un tramite sinxelo, a través da pestaña superior da dereita.

Nas próximas semanas a plataforma seguira completando os seus contidos e a web terá dispoñibles o acceso en lingua castelan e na sección de turismo tamén o inglés. E seguiremos desenrolando estas ferramentas para axilizar a burocracia.

Un comentario

  1. Sergio

    Que alguien deba registrarse en ese portal para poder acceder a los bandos municipales no tiene justificación ninguna posible. El registro tiene muchas ventajas adicionales, pero el acceso a información que debería ser pública no es ni de cerca una de ellas. Es inconcebible y una cagada que debería corregirse.

    Gústame

Deixar un comentario