Sobre a suspensión da BTTinto.

  • Debido ó seu elevado custo económico, presentáronselle os clubs organizadores varias alternativas que permitirían manter a proba, pero foron rexeitadas, polo que a proba fica suspendida.

   O equipo de goberno decidiu non facerse cargo economicamente da BTTinto, unha proba deportiva que levaba catro anos celebrándose coincidindo coa “Festa do viño Tinto do Salnés”, e que con saida  e chegada en Ribadumia transcorría maioritariamente polos concellos de Meis, Meaño e Poio.

   Hai que explicar que esta proba, tal como se viña financiando, supoñía unha carga económica para o concello moi elevada, e logo de consultar co comercio local concluíuse que os beneficios non xustificaban a inversión.

 O montante ó que no ano 2015 o concello de Ribadumia tivo que facer fronte foi de 40.000€, pero esta cantidade nin sequera supón o custo total da proba, polo que habería que sumar outros cargos ós que o Concello en anos anteriores non fixo fronte e que non están cuantificados, ou cando menos non constan nin no Concello nin na Deputación de Pontevedra, a outra patrocinadora da proba, pero que este ano terían que ser asumidos polo Concello de Ribadumia.

    A pesares disto, o equipo de goberno estudou detidamente as posibilidades de finanzamento existentes, e propúxolle ós tres clubs que cargaban co peso organizativo da proba dúas posibles alternativas, que permitirían afrontar a realización da proba:

  • A) Que a proba deixara de ser gratuita, pasando a ter un pequeno custe de 5€, grazas ós cales se podería financiar unha parte importante da proba.
  • B) Contratar toda a xestión da proba a unha empresa especializada, que tamén tería obviamente un custe para as persoas participantes, pero en contrapartida axilizaría e melloraría a xestión da proba, que nos últimos dous anos había adquirido polas súas dimensións unha gran complexidade.
pleno-03032016

Os membros do equipo de goberno consideran que o custe da BTTinto é excesivo, mais habendo outras necesidades que atender, polo que apostou por reforzar o apoio ós clubs deportivos, ás parroquias, ás politicas sociais e de promocion do emprego e a corrixir os erros de orzamento da Festa do Viño do Salnés.

 Os tres clubs, tal como admitiron nun documento emitido o pasado xoves, renunciaron ás alternativas propostas polo equipo de goberno, entendendo que non respondían o espírito inicial co que nacera a BTTinto. Por este motivo, e non tendo outras solucións validas que reduciran a carga económica para o Concello de Ribadumia, o equipo de goberno decidiu non patrocinar esta proba.

 

  O equipo de goberno non pecha as portas, a pesares disto, a recuperar este evento, pero sempre nunhas condicións que o fagan viable organizativa e economicamente.

   Por outra banda, hai que resaltar que o que si decidiu o equipo de goberno foi usar os fondos que o ano pasado se destinaron a BTTinto a outras partidas que se consideraron mais necesarias para  Ribadumia, de tal xeito que se reforzou a partida de apoio os clubs deportivos locais con 9.000€, se creou unha partida de 10.000€ de apoio ás festas parroquiais, creouse unha partida de apoio á creación de  emprego e a inserción social dotada con 2.000€, e o resto sumouse  á partida para a Festa do Viño Tinto do Salnés, que este ano, logo dunha profunda revisión dos custes reais da festa, veuse aumentada dende os 50.000€ do 2015 ata os 90.000€ .

   O equipo de goberno quere agradecer e felicitar ós tres clubs que durante estes anos cargaron coa organización desta proba pola súa importante labor, a protección Civil e a todos os voluntarios e voluntarias a axudaron a facer a BTTinto posible, e por suposto a todas aquelas persoas que durante estes anos participaron na proba.

Un comentario

  1. Sergio

    ¿Por qué tiene que ser la web de Somos Ribadumia quien haga de voceros de todo lo que compete al Concello con “notas de prensa encubietas” que son simples justificaciones de lo que allí se decide? ¿Desde cuándo es la web esta plataforma vecinal la que tiene que estar dando explicaciones de lo que hace el Concello?

    Porque de un tiempo a esta parte, parece que es el único uso que tiene esta web… Sobre todo cuando ni al propio Concello parece importarle un pimiento, porque no aparece comentario alguno en su página web oficial (esa que lleva un año abandonada, pero que podría tener una página de inicio actualizada) ni en su propio perfil de facebook.

    Sinceramente, creo que esta web más que de Somos Ribadumia es la del “equipo de gobierno” del Concello. Una lástima. Se nota quien la maneja…

    Gústame

    • Enrique Oubiña

      Bos días Sergio. É moi importante ler a prensa polas mañás. Porque o concello fixo, a través do alcalde, as oportunas declaracións con este tema, e Somos Ribadumia unicamente recolle neste comunicado as mesmas declaracións, que son sinxelamente o acordado e os motivos. E faino como membro do equipo de goberno, que as veces esqueceche que Somos Ribadumia participa no goberno de Ribadumia, e esqueceche tamén que Somos Ribadumia ten como un dos seus principios éticos a transparencia da xestión, o cal inclue informar puntualmente de todo o que se fai ou acorda no concello.
      Ou sexa, por suposto que somos voceiros do que fai o equipo de goberno. Estamos obrigados polos nosos principios éticos, polo noso programa electoral, e polo propio acordo de goberno.
      Os outros dous socios de goberno por certo que neste caso como en todos os demais, fixeron o mesmo, inda que polo que vexo solo nos sigues a nos.

      Polo demais , Somos Ribadumia, como ben sabes ten un equipo encargado de xestionar o seu traballo, que inclue entre outras moitas cousas a xestión das redes e aprobar o que se publica e o que non. Reunimonos periodicamente e constame que ti estas convidado a participar nese traballo. Calquera cuestión sobre o seu funcionamento interno podes plantexala ali ou nas asembleas que teñen lugar ó longo do ano, e que os compañeiros che aclaren as dúbidas, ou debatan calquera proposta que teñas.

      Gústame

      • Sergio

        Vamos, después de tanta paja, la cosa es que le estamos prestando este sitio web al Concello para hacer sus comunicados…

        Pd/ No sé a que viene la explicación sobre el grupo de trabajo o las asambleas. Creo que hasta febrero estuve en todas y participé de forma intensiva, y conozco igual que tú lo que allí se hace. Del mismo modo que también sé que allí se ha cuestionado varias veces el funcionamiento de este sitio web y los contenidos que se publican.

        Gústame

  2. Enrique Oubiña

    E eu alegrome de que participaras e votote de menos nas xuntanzas agora que decidiches non participar, pero confundes “poñer en cuestión” con “decisións tomadas”, e con todos os respectos tes a mala costume de pensar que a túa opinión unha vez expresada ten valor de lei, algo que non ten porque ser así e que ademais supón unha falta de respecto o resto de compañeiros que tamen teñen opicións propias e tamen as expoñen, e que cando toman decisións en conxunto agardan que todos as respectemos. O funcionamento e a utilidade desta páxina definiuse dentro da Comisión, e son os compañeiros no seu conxunto, por certo cun formato moi esixente que obriga a consenso ou decisión por votación de 2/3, quenes decidirion o que debe comunicarse aqui. Se non se cumprira, será a comisión a que deba tomar medidas.
    Ata aqui chego compañeiro, non vou favorecer debates que non levan a ningún lado. Saudos.

    Gústame

  3. Sergio

    ¿Que tengo “la mala costumbre de pensar que mi opinión una vez expresada tiene valor de ley”? ¿Lo dices en serio? Fíjate que precisamente si no participo en las “xuntanzas” es precisamente por lo contrario, por la imposición de determinadas cuestiones y el empeño que tenéis algunos por establecer jerarquías y convertir esto en un partído político.

    Gústame

Deixar un comentario