O equipo de goberno acusa a Salomé Peña de querer danar a imaxe dos empregados municipais.
- O equipo de goberno entende que o Partido Popular recorre á demagoxia cando fala destes temas, ademáis dun xeito insensato tendo en conta os antecedentes existentes no Concello do anterior goberno de Salomé Peña.
Nun comunicado recente, Salomé Peña acusaba ó equipo de goberno actual de ter en nómina un cargo de asesor político. O equipo de goberno quere deixar claro que isa afirmación é totalmente falsa. O concello de Ribadumia non ten contratado ningún asesor político.
Sobre a contratación dos servizos dun asesor urbanístico municipal.
O equipo de goberno tivo efectivamente que recorrer a traballos de asesoramento externo na área de urbanismo, E tivo que facelo por varios motivos, principalmente dous:
- Por unha banda para cubrir as baixas laborais do aparellador municipal, que ademais coincidiron en dous momentos críticos para o concello, cando había que elaborar as diferentes memorias e os proxectos de investemento para presentar aos plans de obras da Deputación provincia e da Xunta de Galicia.
- Por outro lado, para poñer o traballo ó día. Hai que explicar que o departamento técnico nos últimos anos estivo totalmente saturado sen que o equipo de goberno anterior tomara ningún tipo de medida que axudase a aliviar esta situación, o que dou pé a unha gran cantidade de expedientes acumulados, algún dende o 2004, que tiñan o departamento totalmente desbordado cando en Xuño pasado o novo equipo de goberno comezou a traballar.

Para poder facer fronte o atasco que había no concello, redactar informes de situación de todas as instalacións municipais, e poder atender a asuntos urxentes, como a legalización do tanatorio ou as memorias e proxectos necesarios para acceder as axudas da Xunta e Deputación, o equipo de goberno tivo que contratar un apoio externo, que permitira manter un servizo de atención ó público óptimo.
Ademais do dito anteriormente, a situación na que este equipo de goberno se encontrou coas diferentes instalacións municipais era tan defectuosa que obrigou a elaborar informes pormenorizados, ademais de que se fixo necesario contar con asesoramento profesional en diferentes obras, algunhas en situación complexa, como a do ximnasio municipal ou do campo de fútbol.
Este equipo de goberno entende que o departamento de urbanismo e obras é primordial no funcionamento municipal, porque ademais é o departamento que mais actividade ten, polo servizo directo ós veciños que ofrece. Por ese motivo se fixo un esforzo en reforzar esta area e desatascar toda acumulación de traballo que había, contratando un apoio externo. Non solo íso, pois nun primeiro momento houbo outro técnico contratado a través dun plan de Deputación, para esa mesma area.
Que fixeran falta tres técnicos nun momento dado pode dar unha idea da cantidade de traballo acumulado que había.
Unha pequena medida, pero un importante aforro.
Hai que remarcar que o feito de que contratando a esta persoa, o concello aforrou unha importante cantidade cartos, pois solo a elaboración das memorias e proxectos de investimento, se se fixera como en anos anteriores acudindo de xeito puntual a empresas externas, suporían uns 25.000€, o que habería que sumar a elaboración de todos os informes técnicos das instalacións municipais. Co cal se pode concluír que este equipo de goberno, o contratar unha persoa para sacar adiante toda esta carga de traballo conseguiu un aforro importante. Tal é así que as partidas orzamentarias para estes puntos son inferiores ás de anos anteriores, polo que nin sequera se pode dicir que haxa un aumento no gasto municipal, se non todo o contrario.
transparencia.
Este equipo de goberno, en todo caso, fixo público tanto a contratación do persoal para a area de urbanismo, como dos seus emolumentos en plenos anteriores, e ademais aparecen perfectamente recollidos nos orzamentos municipais aprobados no último pleno.
O que non entende este equipo de goberno é como a señora Peña, que tanto presumía de boa xestión, permitiu que a situación da area de urbanismo chegara ós extremos nos que estaba en xuño do ano pasado, cun servizo escaso de medios e persoal, e acumulando traballo sen facer dun xeito alarmante.
A demagoxia do PP.

O PP pretende facerlle crer ós veciños que en Ribadumia hai contratado un asesor político. A realidade é que os unicos asesores políticos coñecidos no concello agora mesmo son Rafael Louzán e Luis Serantes, e anteriormente Lidia Alvarez, que ocupaba despacho no concello e realizaba traballo político para ó PP.
Tampouco se entende que se pretenda dar a unha persoa contratada para labouras exclusivamente técnicas o título de asesor político. Usar os empregados municipais de arma arroxadiza contra o equipo de goberno excede toda ética e todo sentido da responsabilidade política. Dende este equipo de goberno temos moi claro en política non vale todo, nin podemos permitir este tipo de afirmacións nin que se acuse a traballadores municipais deste xeito e nestes termos, polo que estudaremos as medidas legais oportunas.
Ademais, que quen formule esas acusacións sexa precisamente o PP de Ribadumia non deixa de ser irónico. Hai que recordar que foi o PP quen SI tivo neste concello varios asesores políticos contratados a cargo da deputación durante anos, nalgún caso con despacho no propio concello. Asedores que o PP mantivo durante todo o tempo que estivo no goberno con total descaro, e recoñecedendoo publicamente. E tamén convén recordar que o PP contrataba asesoramento legal a membros da súa organización política e incluso concelleiros da corporación anterior como se demostrou no propio pleno de orzamentos, algo que este equipo de goberno esta estudando por se fora necesario tomar medidas legais. Ademais, non debemos esquecer que a día de hoxe os únicos asesores políticos coñecidos en Ribadumia son Rafael Louzán e Luís Serantes, ambos con nóminas de case 44.000€ anuais, polo que quizais Salomé Peña antes de facer este tipo de acusacións debería mirar algo mellor o que ten dentro do seu partido, e facer algún acto de contrición.
O equipo de goberno reiterase no seu apoio a todos os traballadores municipais, que fan unha gran labor, e insiste en que non vai permitir que ningún político do Partido Popular poña en dúbida, como xa fixo en diversas ocasións, nin a súa profesionalidade nin o traballo que realizan, e moito menos que se lles apliquen etiquetas como a de “asesor político”, e chegados a este punto, se o Partido Popular non rectifica nas súas declaracións estudaranse outro tipo de medidas.
¿Le está pagando el Concello 44 mil euros anuales a Rafael Louzán y Luis Serantes? ¿En serio reciben dinero público? ¿O no he entendido la “crítica”? Porque lo que interesa es lo que se haga con el dinero de todos. Lo que haga cada uno con el suyo la verdad, es cosa de él.
GústameGústame
Luís Serantes e Rafael Louzan cobran 44.000€ anuais como asesores do PP na Deputación. Eses cartos pagaos a propia Deputación, non o partido, polo tanto son fondos públicos.
GústameGústame